CONCURSO de GUITARRA 2025


CONCURSO DE GUITARRA CLÁSICA "TINO PRADOS" 2025

Categorías Elemental e Profesional

IIIª Edición

Organiza: Departamento de Corda Pulsada do CMUS Profesional de Música "Xoán Montes" de Lugo


BASES

1.- Poderanse presentar estudantes de calquera curso de Grao Elemental de calquera conservatorio Galego de Música, estudantes de calquera Escola de Música,  estudantes de Grao Profesional e afeccionados de ata 17 anos de idade, incluídos, na data de inicio do concurso.

2.- O desenvolvemento das probas será aberto ó público e de entrada libre

3.- A solicitude de inscripción implica a aceptación das bases do concurso

4.- O xurado estará composto por profesores de guitarra recoñecidos. Os participantes no concurso aceptan as bases do mesmo coa súa inscripción, e asimesmo, aceptan o resultado das decisións do tribunal, que serán inapelables.

5.- A organización resérvase o dereito á actualización das bases e modificacións no horario e datas, previa información ós participantes

6.- A falsidade dos datos será considerada motivo de eliminación

7.- A organización resérvase o dereito de limitar o número de participantes mediante preselección en vídeo, no caso de ser necesario

8.- O Concurso desenvolverase en xornada única, o 7 de Xuño de 2025, Sábado, nas instalacións do CMUS Xoán Montes. A inscripción estará aberta ata o día 6 de Xuño.

9.- O xurado valorará tanto os aspectos técnicos e interpretativos, como o interés e dificultade das obras presentadas ó concurso.

10.- O xurado poderá declarar os premios desertos ou repartilos ex-aequo en caso de empate

11.- A inscripción no concurso é libre e gratuíta, pero a aceptación no mesmo pode estar condicionada ós designios do xurado, no caso de que exista algún posible conflicto



Establécense 2 categorías, nas que os participantes presentarán:


Elemental: dúas obras libres, 6 minutos máximo (Participantes de entre 8 e 12 anos)


Profesional ou de Grao Medio: dúas obras libres, 8 minutos máximo (Participantes de entre 13 e 17 anos)




PROBAS


Proba única:

A participación consistirá na interpretación do repertorio elexido libremente polos participantes, composto por 2 ou máis obras ou estudos ata o tempo máximo de intervención. As pezas propostas interpretaranse preferiblemente de memoria

Convócanse dous turnos de participación, ás 11:00 para os participantes de Grao Elemental, e ás 12:30 para os participantes de Grao Profesional

Os diplomas e os premios serán entregados á finalización da participación, en canto o Xurado delibere. 

A organización resérvase o dereito a modificar o horario e establecer un mecanismo de preselección, que consistirá no envío de un vídeo, no caso de que o número de participantes exceda o tempo dispoñible. No seu caso, notificarase ós participantes do prazo e a necesidade. 


Dúbidas? Escribe a: 

 xd.cordapulsada (arroba) cmusxoanmonteslugo.edu.es


¡Empeza a prepararte!

Premios:


Premio "Semana da Guitarra de Lugo 2025" Elemental

Vale de 50 euros de material musical en Arco Iris Musical (Lugo), Diploma.

Patrocinado polo Departamento de Corda Pulsada do CMUS Xoán Montes


Premio "Semana da Guitarra de Lugo 2025" Grao Profesional

 Vale de 100 euros de material musical en Arco Iris Musical (Lugo), Diploma

Patrocinado por Musical Arco Iris



Resto participantes: Diploma Acreditativo de Participación

No caso de que o xurado o considere, acreditarase a participación meritoria con un Diploma de Mención de Honra en cada categoría.


               INSCRIPCIÓN AQUÍ









                     





Rubén Abel Pazos - Capriccio diabolico omaggio a Paganini (M. Castelnuov...

Rubén Abel, un dos virtuosos galegos destacados, voltará este 2025 a Lugo