viernes, 16 de diciembre de 2022

Cartel 2023

 Xa temos o noso cartel! Comezamos a traballar na organización da nosa Semana da Guitarra


Homenaxearemos con este festival a figura do Lucense TINO PRADOS, que foi definitivamente importate para o establecemento das ensinanzas da guitarra en Lugo, profesor no Círculo das Artes, e artista polifacético, coñeceido sobre todo pola súa obra pictórica, e os seus vínculos cos artistas lucenses e galegos. Pretendemos co nome do noso festival difundir e honrar o seu nome como guitarrista destacado lucense.

Ó longo da semana, vamos a ofrecer a posibilidade de participar en Masterclasses individuais cos nosos invitados, ademáis de poder asistir como oíntes a todas as clases. 

Os diversos grupos de traballo do conservatorio vamos a ofrecer os resultados de algunhas das actividades que preparamos durante o curso de xeito transversal ó desenvolvemento da programación

Ofreceremos a posiblidade de asistir ós talleres (técnica, grabación, ansiedade escénica..) a todo aquel interesado mediante inscripción

Ofreceremos a posiblidade de ver e coñecer as creacións de DOUS GUITARREIROS galegos de alta calidade

As prazas para as masterclasses serán limitadas 


Mantédevos informados para as datas de preinscripción no mes de FEBREIRO DE 2023




Semana da Guitarra

  O Departamento de Corda Pulsada

CMUS Xoóan Montes



SEMANA DA GUITARRA "Tino Prados"



Masterclasses

Talleres

Concurso


Semana do 5 ó 9 de Xuño de 2023

Prazas limitadas


Preinscripción e información a partir de Febreiro de 2023 na dirección 

xd.cordapulsada@cmusxoanmonteslugo.edu.es

II Semana da Guitarra

 O departamento de Corda Pulsada (GUITARRA) do CMUS Xoán Montes comprácese en anunciar a II Semana da Guitarra. A Semana da Guitarra é unha ...