PROFESORES INVITADOS

 Info sobre os participantes como profesores

Os guitarristas aquí presentados serán os profesores invitados da nosa Semana. A inscripción incuirá a asistencia ás súas clases, ben de xeito activo, ou como oíntes. Para asistir ás clases individuais, deberás formalizar a INSCRIPCIÓN no apartado correspondente do blogue!

Isabel Rei Samartim

https://www.isabelrei.com/


Isabel é unha das activistas e investigadoras sobre a Guitarra Galega máis activas na actualidade, ven de defender a súa tese "A Guitarra Na Galiza" na USC no 2020, que é unha contribución sobresaínte a un novo panorama na guitara galega. As súas contribucións pasan polo libro "A guitarra na galiza", gravacións e edicións de música galega para guitarra. 



Marcos Domato (Luthier) 

https://mdomatoluthier.com/es/content/4-sobre-mi

Posiblemente, Marcos é o luthier galego máis comprometido coa construcción de un instrumento idiosincrásicamente galego, con materiais de construcción comprometidos coa nosa terra e cultura, o que xunto coa súa formación e proxección como luthier, o está situando na primeira e moi prometedora plana dos luthieres recentemente afincados en Galiza. 



Rubén Abel




Inicia os seus estudos musicais no conservatorio da Estrada con Pelayo Redondo. Con 20 anos obtén o título de Profesor Superior de guitarra en Santiago de Compostela con Miguel Ángel Valle. Continúa os seus estudos con José Luis Rodrigo, Ramón Carnota e Margarita Escarpa. Asiste a numerosos cursos de perfeccionamento con Alex Garrobé, Marco Socías, Zoran Dukic, Carles Trepat e Joaquín Clerch, entre outros. Bolseiro pola Fundación Segundo Gil Dávila e pola Sociedade de Artistas Intérpretes ou Executantes de España (Bolsa Ramírez), amplía a súa formación realizando estudos de posgrao na Universidade de Música e Artes Dramáticas do Mozarteum de Salsburgo (Austria) baixo os ensinos de Eliot Fisk e Ricardo Gallén. Finaliza o seu Máster Universitario en Investigación Musical na Universidade Internacional de Valencia profundando sobre o estudo da evolución organolóxica da guitarra española entre os anos 1759 e 1830. Premiado en numerosos concursos nacionais e internacionais, desenvolve a súa actividade concertística en España, Francia, Italia, Hungría, Rusia, Xapón, Tailandia e Estados Unidos. Imparte clases maxistrais en diferentes festivais e conservatorios, e é convidado como xurado en varios certames de guitarra. Nomeado funcionario de carreira do corpo de Profesores de Música e Artes Escénicas, exerce como profesor de Guitarra no Conservatorio Superior de Música do Principado de Asturias e nos Conservatorios Profesionais de Música de Oviedo e Xixón,e actualmente no Conservatorio Profesional de Música de Pontevedra.

Mateo Arnáiz

Comecei os meus estudos no Conservatorio Superior de Música da Coruña, onde obtiven o título de Profesor Superior de Música na especialidade de Guitarra, coa cualificación de sobresaliente e o Premio de Honra de fin de estudos superiores.
No ano 2001, con só 19 anos, aparece unha nova cidade na miña vida. O meu destino era París e o obxectivo era seguir aprendendo dos mellores. En París estudo guitarra co mestre Alberto Ponce na *École Normale de Musique “Alfred Cortot” onde obteño o Diplôme Supérieur d’Exécution.
Paralelamente ao meu desenvolvemento como músico as miñas inquietudes persoais  leváronme a descubrir un novo campo na miña vida, a investigación. É no ano 2015 cando alcanzo o meu primeiro obxectivo neste campo obtendo o Doutoramento “cum laudem” pola Universidade da Coruña, coa miña investigación “A interpretación musical e a ansiedade escénica”. Nela trato de validar un instrumento de diagnóstico e a súa aplicación nos estudantes españois de Conservatorio Superior de Música.



(Profesores edición 2023)

Marcos Pin



Comeza a tocar a guitarra á temperá idade de 8 anos na escola de música Aulos (Lugo). Continua a súa formación asistindo a clases co guitarrista Alberto Penoucos durante 6 anos, e compaxina os seus estudos assitiendo a Composición e arranxos co pianista Abe Rábade en ESTUDO, escola de música.

No ano 2000 recibe a bolsa da Fundación Autor para realizar estudos de composición no estranxeiro. faio no conservatorio de Amsterdam con profesores como Jurre Janstra, Andrew Douw ou Henk Sprenger.

Unha vez fincado nos Paises baixos e tras serlle outorgada a bolsa holandesa “Study Financiering” é aceptado como estudante de guitarra jazz no “Royal Conservatorium” da Haia onde obtén a súa licenciatura no ano 2006 baixo a supervisión dos guitarristas Wim Bronnenberg, Eef Albers e Martijn Van Iterson.

Tocou e gravado con multitude de artistas: Eva Folch, John Ruocco, Rachel Goud, Thanos Athanasopoulos, Polo Ortí Styeve Reich Project, Imaxinasons Big Band, Nani García, The Royal Conservatorium Big Band, Rolf Delfos etc.



CRISTINA PENA:

Cristina estrenó su primer álbum en el 2017 con su proyecto Lost Minnow, en el que compone, canta y toca la guitarra. Desde entonces trabaja en directo tanto con su grupo como de guitarrista de sesión para otras bandas (She will rock you de ROCK FM, Cherry and the Ladies, Alba Reche de Operación Triunfo, Gato Ventura... ) además de continuar su labor dentro de la enseñanza musical, dando clases de guitarra eléctrica online y presencial.

En 2019, Thermion Amps la invita a tocar a la mayor feria de musica del mundo, la NAMM Show en Los Angeles, donde presenta su música al público americano.

Este 2023 Cristina publica su segundo trabajo “Dear Ghost” en el que mezcla géneros japoneses como el math rock y americanos como el post-hardcore dando como resultado unas composiciones muy personales.

Durante este tiempo continua compatibilizando sus actuaciones con las clases y clinics además de grabar videos profesionales de guitarra, colaborando y componiendo para artistas y trabajando con diferentes marcas de la industria musical.

REDES SOCIALES:

Instagram: https://www.instagram.com/crismagram/

Facebook: https://www.facebook.com/cristina.penaperez

Youtube: https://www.youtube.com/c/CristinaPenaMinnow

Página Web: http://cristinapenaguitar.com







Musicólogos

Xosé Cristanto Gándara Eiroa

Departamento de Musicoloxía do CMUS Superior de A Coruña. Investigador, profesor e musicólogo especialista en historia da guitarra. Ofrecerá unha conferencia acerca de historia da guitarra eléctrica, que leva por título «Rex Tremendæ Maiestatis»: la guitarra eléctrica Invicta (1964-1977)


Roberto Díaz

CAMP Obradoiro, A Coruña-Díaz Soto Abogados, Arteixo. É investigador, doutor pola USC, profesor e avogado, especialista en temas musicais, e ofrecerá unha conferencia que leva por título "A propiedade intelectual no panorama musical actual".


Luthieres

Eneas Freire

Profesor de guitarra no CMUS Profesional de Música de Vigo, ademáis de luthier e intérprete de instrumentos de música antiga, o mestre Freire ofrece unha visión multidisciplinar con un interese xeral en todas as cuestións que envolven a familia da corda pulsada, o cal leva a que ofrezca un traballo de construcción con un punto de vista moi informado como intérprete e profesor, producindo instrumentos con un profundo coñecemento da práctica ó longo da historia e os instrumentos antigos. Na Semana ofrecerá unha mostra dos seus traballos e poderemos ver de cerca a súa aproximación á construcción de instrumentos.

Pablo Sánchez

Natural de A Coruña, Pablo recibiu unha ampla formación, con coñecementos de arquitectura e luthería, formouse na Escola de Artes e Oficios de Vigo, na escola de Luthería de Newark-on-trent, co mítico guitarreiro José Luís Romanillos en Siguenza e na Escola Internacional de Luthería de Amberes en Bélxica, on de foi profesor de 2014 a 2019. Recentemente volveu a instalarse na Coruña, onde abre o seu propio taller no que constrúe, repara e restaura instrumentos da familia da corda pulsada. Como heredeiro da escola Romanillos, produce guitarras de excelente calidade. Na Semana da Guitarra ofrecerá unha mostra do seu traballo para que nos podamos achegar e coñecer de cerca a súa obra. 

https://www.pablosanchezoteroguitars.com/el-guitarrero/


Trío TresTrastes

Composto polos profesores Ana Yáñez (CMUS Profesional de Ferrol), Mateo Arnáiz (CMUS Profesional A Coruña) e Eloy Vázquez (CAMP Eirís), o trío ten ofrecido actuacións no Mosteiro de Monfero, no Teatro Colón da Coruña no festival "Sons para un regreso". Presenta unha aproximación a un repertorio pouco coñecido de mans de profesionais de ampla traxectoria e recoñecido prestixo.



Obradoiros:


Boro: Aproximación ó Flamenco


O taller pretende ofrecer unha aproximación ó flamenco desde 0 para todos os afeccionados que o desexen, dar ideas de cómo empezar. 

O noso profesor é un afeccionado avanzado, profesional do CMUS de Lugo, profesor de Viola e especialista en música antiga e barroca, con unha amplia traxectoria nos escenarios, que leva anos cultivando esta faceta, empezando de xeito autodidacta, e conta con un coñecemento e medios como guitarras de calidade, ofrecerá consello sobre instrumentos e cuestións para empezar coa práctica, ademáis de poder escoitar e ver os intrumentos en directo.

Sergio Pena: Aproximación á Guitarra Eléctrica (Pop-Rock)

Compositor e profesor de guitarra no CMUS; con coñecemento e formación en guitarra eléctrica, ofrecerá asimesmo unha aproximación ó instrumento e consello e consultoría para empezar, a todos ós afeccionados con certa curiosidade por empezar a cultivar o estilo.

Marcos Pin:  Aproximación ó Jazz

O recoñecido intérprete ofrecerá, ademáis de Masterclasses Individuais, un obradoiro de aproximación para os afeccionados que teñan cursiosidade por dar o paso a introducirse en esta linguaxe.








No hay comentarios:

Publicar un comentario

II Semana da Guitarra

 O departamento de Corda Pulsada (GUITARRA) do CMUS Xoán Montes comprácese en anunciar a II Semana da Guitarra. A Semana da Guitarra é unha ...