domingo, 10 de marzo de 2024

II Semana da Guitarra

 O departamento de Corda Pulsada (GUITARRA) do CMUS Xoán Montes comprácese en anunciar a II Semana da Guitarra.

A Semana da Guitarra é unha actividade Escolar de divulgación e promoción do estudo da guitarra, organizada polo Departamento e o Conservatorio.

Esta actividade pretende promover e divulgar o estudo da guitarra na nosa comunidade escolar e nos afeccionados, estudantes, profesionais ou calquera interesado, que poden asistir gratuítamente ás actividades que programamos. 

Pretendemos ofrecer oportunidades de aprendizaxe e ofrecer un espacio de intercambio, un lugar donde compartir ó redor da nosa guitarra, sexa cal sexa o noso nivel ou interese, un lugar donde estudar, coñecerse, compartir e compartir sobre a guitarra nas súas diferentes facetas, con actividades como as clases, ás que pretendemos que asistan a ver durante a semana e así aprender das interpretacións dos demáis, os concertos, as exposicións onde ver instrumentos de calidade artesanal galega, as conferencias de divulgación científica sobre a guitarra e aspectos afíns, e o noso concurso.

A Semana nace co obxectivo explícito, ademáis, de difundir e dar espazo á creación galega, tanto a nivel compositivo, como artesanal (construcción de instrumentos), divulgación histórica e interpretación de obra de autores galegos, pero sen limitarse só a éstos, pretendemos garantizar a súa presenza na programación. 

Este ano queremos ofrecer a posibilidade ós máis pequenos de participar GRATUÍTAMENTE no noso Concurso, sen obras obrigadas e con categorías diferenciadas desde os 8 anos de idade.

Teredes a oportunidade de recibir unha clase de 2 invitados e amigos de gran prestixio na docencia, e asistir a unha interesante conferencia da investigadora, guitarrista e profesora Isabel Rei, amén de escoitar algo de guitarra.  

As actividades están abertas a todos os afeccionados e interesados que gusten de acercarse ó noso Conservatorio. 










No hay comentarios:

Publicar un comentario

II Semana da Guitarra

 O departamento de Corda Pulsada (GUITARRA) do CMUS Xoán Montes comprácese en anunciar a II Semana da Guitarra. A Semana da Guitarra é unha ...